Monday 16 de September de 2024

Festival de peche dos Campamentos dos Campamentos de Conciliación do Verán “Días sen Cole”


Hoxe ao mediodía tivo lugar no Auditorio vello un festival infantil como peche do campamento de conciliación “Días sen Cole” organizado polo concello de Ribeira.

A concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo xunto cos técnicos/as do concello de servizos sociais e a empresa Golfiño non disimulaban satisfacción e alegría cos nenos e nenas despois dun verán sen cole moi conciliador e exitoso.

Redondo salientou que “estamos moi satisfeitos non só pola acollida senón tamén polo traballo realizado”,tamén falou das actividades deste campamento “tiveron actividades relacionadas co medio ambiente, co mar, reciclaxe e xogos tradicionais para preservar a nosa cultura”. A acollida de este ano sumou un total de 180 nenos/as das 150 prazas habilitadas que tiveron que ampliarse pola gran demanda dos pais, e tamén como novidade este ano acondicionouse o servizo de comedor e madrugadores.
“A medida que vaia pasando o tempo ampliaremos máis servizos, xa non só en época estival senón tamén no inverno para que tódalas familias podan conciliar durante as súas vacacións” finalizou.